Thursday 16 de May de 2024

O Concello aproba a cesión do contrato das Bibliotecas Municipais que garante as condicións laborais do persoal


A nova concesionaria asumirá o contrato de prestación de servizo nos termos nos que saiu a licitación

O Goberno municipal aprobou este mércores en Xunta de Goberno Local a cesión do contrato subscrito con LTM Servicios Bibliotecarios SL para a prestación de servizos da rede de Bibliotecas Municipais a favor de Ilunion Outsourcing SA. Esta medida, á que se chegou de común acordo entre as partes, entrará en vigor este xoves 1 de decembro.

Deste xeito, o Goberno municipal pon fin á problemática existente no servizo, garantindo a nova concesionaria a prestación do servizo e o cumprimento das súas obrigas laborais nos termos recollidos nos pliegos. O Concello traballou na busca dunha solución desde o momento no que se tivo constancia dos problemas, optando pola cesión do contrato a un terceriro como vía máis rápida para acadar unha solución satisfactoria.

Ilunion Outsourcing SA cumple cos requisitos necesarios para converterse na adxudicataria.
A empresa manifestou a súa vontade de subrogarse nos dereitos e obrigas que ata o de agora correspondían a LTM Servicios Bibliotecarios SL.
O contrato para a prestación de servizos bibliotecarios na rede de bibliotecas da Coruña foi adxudicado en setembro de 2021 por 2,7 millóns de euros anuais e unha duración de dous anos, prorrogables un máis.